Máis de 8.000 persoas emigraron de Galicia para traballar noutros puntos de Europa nos últimos cinco anos. Cóntao Faro de Vigo.
Fálase
Carme Chacón anuncia que non será candidata á Secretaria Xeral do PSOE. A través dunha carta moi crítica publicada na web primariasabiertas.com sinalou que "non contribuirei á cerimonia de confusión. E limitareime a apoiar os candidatos ou candidatas que se comprometan á celebración dunhas eleccións primarias abertas con data certa".
A Esquerda Plural, UPyD e BNG critican a "obstrucción á Xustiza" que na súa opinión están realizando os once cargos de Adif imputados polo xuíz Aláez no marco da investigación do accidente do Alvia
Unha maratón poética en Betanzos lembra o paso de Federico García Lorca pola vila hai 82 anos, con especial atención para os seus Seis poemas gallegos.
Bancos portugueses piden a venda da macroplanta acuícola de Pescanova en Mira. A fracasada planta foi a resposta da empresa á paralización do proxecto de Cabo Touriñán, que o PP e algúns medios converteron nun dos grandes cabalos de batalla contra o bipartito.
Susana Díaz, disposta a liderar o PSOE a pesar das novas regras favorables a Madina. Algúns sectores descontentos apostan por torcer o pulso da dirección e provocar a convocatoria dun comité federal que deixe o partido en mans dunha xestora
O Observatorio de Responsabilidad Social Corporativa sinala que en 2012, 33 das 35 compañías que cotizan no IBEX tiñan presenza en paraísos fiscais. Entre elas Inditex, a sétima que en maior medida utiliza esta vía para pagar menos impostos.
Milleiros de persoas celebraron durante horas o regreso a primeira división do Deportivo. A fonte de Catro Camiños foi, como é habitual, o escenario dos festexos.
O Dépor é de primeira! Os coruñeses derrotaron o Jaen (1-0), grazas a un gol de Marchena no minuto 28 e ascenden matematicamente a unha xornada do final. O vindeiro ano volverá haber derbi galego na máxima categoría. O Lugo caeu ante o Eibar (1-0) e necesita un punto máis para asegurar a permanencia.
Un cento de veciños e veciñas de Santa Comba camiñaron este sábado até Compostela para protestar contra a instalación dunha planta de gas no lugar de Mourelle, "a escasos 40 metros das casas" e nun entorno natural.