O Celta xogará contra Ajax, Standard de Liexa e Panathinaikos, na fase de grupos da Europa League. O retorno dos celestes á competición europea, dez anos despois, producirase o vindeiro 15 de setembro
Fálase
Pablo Iglesias di estar "orgulloso de ter cedido" ao integrarse Podemos en En Marea. O líder da formación morada di estar tamén "orgulloso de ter axudado" a que o seu partido "cedese" nas negociacións para a candidatura. Afirmouno nunha entrevista na SER.
O pasado mércores caeron máis de sete mil raios sobre Galicia. Este vídeo en timelapse recolle o efecto sobre a cidade de Pontevedra
Este sábado cúmprense 80 anos do asasinato dos alcaldes de Vigo e Lavadores, Emilio Martínez Garrido e José Antela Conde. Os rexedores foron fusilados no cemiterio de Pereiró xunto con outros militantes socialistas. Máis de 30 alcaldes republicanos foron asasinados en Galicia entre 1936 e 1939
A Xunta apoia as gasolineras sen traballadores, defendendo que así se abarata o prezo final. A Comisión Nacional da Competencia pide que se elimine o veto que nove comunidades (non Galicia) impoñen a estas instalacións.
Unidos Podemos e Ciudadanos apoian a proposta do PSOE para acurtar a campaña electoral nunha semana, o que fixaría a data das terceiras eleccións no 18 de decembro, evitando a súa coincidencia coas festas de Nadal.
As FARC converteranse nun partido político tralo abandono das armas e terán representación garantida no Congreso nas eleccións de 2018 e 2022. O acordo debe ser ratificado pola poboación nun referendo que se celebrará o 2 de outubro
Terceira denuncia por agresión sexual nas festas de Bilbao. Este xoves o Goberno municipal e o Goberno vasco pediron o compromiso de toda a sociedade contra esta "lacra"
Leiceaga comprométese a rescatar o Álvaro Cunqueiro nun acto sen o PSOE vigués. Calcula que o rescate suporía un aforro de 20 millóns ao ano.