+Galiza manifesta que os seus membros na Executiva Nacional do BNG aceptaron os seus cargos "por imperativo estatutario". Na circular interna, afirma: "Máis Galiza, a pesar das ofertas da APU, rexeitou ter postos de relevancia e optou por levar responsabilidades de baixo perfil político, á espera da decisión definitiva que a militancia adopte na Asemblea Nacional do día 11 de marzo."
Fálase
González Pons atribúelle ao ministro de Educación, José Ignacio Wert, a "recuperación dun tesouro roubado polos piratas" e o "descubrimento doutra Gioconda, tamén do entorno de Leonardo, pero moito máis moza e moito máis guapa". No diario Público
"Portugal está afundíndose nun gran buraco" malia que xa fixo "todo o que lle esixiu a troika a cambio dos 78.000 millóns" do seu rescate. Desde que se produciu a intervención a débeda medrou once puntos porcentuais respecto ao PIB. Reportaxe do diario The New York Times.
Colectivos xuvenís nacionalistas como Galiza Nova, os Comités, a Liga Estudantil Galega e Agir manifestáronse esta tarde na Facultade de Filosofía da USC contra unha homenaxe a Manuel Fraga incluída no III Curso Xerardo Fernández Albor sobre o trixésimo aniversario da autonomía. Os manifestantes interromperon a celebración do acto por ser "unha homenaxe a unha persoa que participou no franquismo" nun espazo "de convivencia" como a universidade.
Miguel Santalices estréase esta tarde dirixindo o pleno do Parlamento, relevando á presidenta, Pilar Rojo. É vicepresidente da Cámara dende esta mañá, cando asumiu o cargo que ocupaba o novo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.
Anulada -outra vez- a reunión dos ministros europeos de Finanzas para abordar o segundo rescate grego. A última hora que reportan os medios gregos vinculan esta decisión ao feito de que Atenas aínda negocia como recortar outros 300 millóns de euros máis
Controversia en torno á foto das deputadas: as parlamentarias do PSdeG non asistiron por considerar que a maioría de mulleres na Cámara é "circunstancial" e vén motivada porque deputados do PP foron chamados outros postos de relevancia. As deputadas do BNG si asistiron por "cortesía parlamentar", aínda que tamén consideran que "se debe a motivos circunstanciais" que en nada demostran que se conseguira a igualdade real entre homes e mulleres".
Os delegados da CIG en Novagalicia Banco irán este mércores a Santiago para mobilizarse ás portas do Parlamento de Galicia. No interior, Alberto Núñez Feijóo terá que responder a unha pregunta do BNG sobre a privatización das caixas galegas
Liorta na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). A patronal de Pontevedra, que preside José Manuel Fernández Alvariño, desmárcase das declaracións de Antonio Fontenla na que o máximo dirixente empresarial demandaba fusión de concellos e supresión das deputacións. Alvariño asegura que o documento coas propostas da patronal "non foi consensuado"
O Círculo de Empresarios de Galicia defende a reforma laboral e lamenta que as críticas "só se centren no custo do despedimento". O organismo considera que este último aspecto mellorará a produtividade.