María Dolores de Cospedal anuncia en Lugo que o PP vai "volver revisar a xestión" da época na que Bárcenas foi tesoureiro para "demostrar" que o partido ten as "mans limpas"
María Dolores de Cospedal anuncia en Lugo que o PP vai "volver revisar a xestión" da época na que Bárcenas foi tesoureiro para "demostrar" que o partido ten as "mans limpas"
18 persoas máis morren nun novo asalto do exército alxerino á planta de gas tomada por un grupo de secuestradores. Alxeria recupera o control sobre a planta pero no conxunto da operación perderon a vida máis de cincuenta persoas. A conflitividade no Sahel aumenta.
Anticorrupción acusa a Urdangarin de defraudar a Facenda medio millón de euros
Esta tarde nacerá Mega, o sucesor de Megaupload, que foi pechado polos Estados Unidos hai hoxe un ano. Este novo servizo de almacenamento na nube ofrecerá 50 Gb de almacenamento na nube de balde. Algúns medios afirman que se están barallando tarifas a partir de dez euros ao mes para unha capacidade de 1 Tb
Afectados polas preferentes critican a "chulería e prepotencia" do presidente do Pontevedra CF. A Plataforma do Morrazo pediulles a Pontevedra e Alondras que os seus xogadores puxesen unha camisolas cunha mensaxe relativa ás súas reivindicacións. O Alondras aceptou pero non o presidente do Pontevedra, Mauricio Rodríguez.
Juan Ignacio Bartolomé, de Economistas Frente a la Crisis, participou nas aulas abertas que EconomíaSol organiza no Retiro de Madrid. Ofreceu unha palestra titulada “No es economía, es Ideología”, na que aclara dúbidas "sobre algúns mitos que pretenden xustificar a orientación da política económica e a súa inevitabilidade"
Fiare Galiza celebra esta mañá en Teo a súa terceira asemblea. A asociación, que traballa para converterse nunha entidade de banca ética, conta con 230 persoas socias e 26 colectivos.
A Fiscalía investiga o Concello do Porriño por posible corrupción. Segundo publica está mañá Atlántico Diario, o Concello está sendo investigado pola Fiscalía provincial por presunta prevaricación e malversación de fondos públicos por contratación irregular de servizos. O PSdeG-PSOE pedirá unha comisión de investigación e a colaboración do BNG para convocar un pleno extraordinario
O cumio sobre o dereito a decidir conclúe sen acordo. CiU, ERC, PSC, ICV-EUiA e CUP traballarán a fin de semana e o luns intentarán consensuar unha declaración
Mariano Rajoy clausura este sábado en Almería a reunión intermunicipal do PP. Espérase que no seu discurso faga algunha referencia ao escándalo de Bárcenas