Ás 20.30 están convocadas concentracións en protesta contra a ameaza de intervención militar contra Siria en Pontevedra (Praza da Peregrina), A Coruña (Praza de Ourense) e Compostela (Praza do Toural)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5224b9a6b1380-1239392_210203145813059_636211565_n.jpg)
Ás 20.30 están convocadas concentracións en protesta contra a ameaza de intervención militar contra Siria en Pontevedra (Praza da Peregrina), A Coruña (Praza de Ourense) e Compostela (Praza do Toural)
O Goberno propón que as pensións non se revaloricen co IPC, senón cun índice novo, segundo adianta a ministra de Traballo, Fátima Báñez.
Novagalicia recibiu case 9.000 millóns dos 61.366 de axudas públicas á banca española, segundo os datos do Banco de España.
Fianzas de 1.200 millóns para o ex presidente de Pescanova e outros nove directivos da compañía. Fernández de Sousa deberá depositar case 180 millóns.
Facenda revela transferencias bancarias do rei Juan Carlos a Urdangarin e a infanta Cristina. Os pagos oscilan entre os 600.000 e os 1,2 millóns de euros.
Cospedal adianta datos do paro e asegura que será "o mellor agosto desde 2000". A secretaria xeral do PP difunde información que se fará oficial mañá martes.
O ministro Ruiz-Gallardón asegura que en outubro o Consello de Ministros aprobará a contrarreforma da Lei do Aborto, que restrinxirá o dereito á interrupción voluntaria do embarazo. O titular de Xustiza tamén reduce o caso Bárcenas a unha "distracción" da oposición. Nunha entrevista en RNE.
O DOG publica este luns as convocatorias para os vindeiros cursos de obtención do Certificado de Lingua Galega (Celga)
El Mundo publica que Cospedal negociou o pasado mes de febreiro pagarlle un finiquito a Bárcenas. Un SMS do ex tesoureiro ao seu intermediario co Goberno contradí o que declarou a secretaria xeral tanto en público como ante o xuíz.
Os reitores de USC, UDC e Uvigo ultiman os detalles dunha proba común galega ante a fin da selectividade, publica La Voz de Galicia. Buscan igualdade de condicións e evitar que cada universidade teña que investir tempo e recursos para poñer en marcha exames individualizados.