Un xulgado de Madrid ditamina que a Policía vulnerou os dereitos fundamentais dunha nena de 5 anos á que retivo durante 29 horas no aeroporto de Barajas. Cóntao a Cadena SER.
Fálase
Feijóo pídelle á cidadanía, no mitin que celebra no Milladoiro, "a mesma fortaleza que os brigadistas" contra os incendios
A entrega das Medallas de Galicia, suspendida polo accidente de Angrois, realizarase en tres actos nos lugares que dispoñan a ONCE, a Fundación Penzol e a familia de Ceferino Díaz.
Feijóo celebra a esta hora a "apertura do curso político" na provincia da Coruña cun mitin no Milladoiro (Ames).
Representantes do mundo da cultura como Suso de Toro, Teresa Moure, Xurxo Souto, Margarita Ledo, Francisco Pillado ou Manuel Lourenzo asinan un manifesto en apoio á manifestación pola soberanía galega que o BNG celebra mañá en Compostela.
BBVA, Santander, Caixabank e un fondo estadounidense compiten por facerse con Novagalicia Banco, segundo conta Faro de Vigo
A Xunta mantén en 1.900 a cifra aproximada de hectáreas queimadas no incendio de Carnota, que arde desde o mércores. Máis información, esta mañá en Praza
El Diario revela a lista de 328 persoas que viaxaron a Bos Aires coa candidatura de Madrid 2020
Un incendio dunhas 20 hectáreas, segundo a Xunta, aféctalle á parroquia de Vincios, en Gondomar, dende a unha e media desta madrugada.
A Xunta dá por controlados os incendios de Negreira (400 hectáreas), Porto do Son (150 hectáreas), Melide (43 hectáreas) e Dumbría (24 hectáreas). Segundo o último parte, da tarde de onte, o lume xa arrasara case 2.000 hectáreas en Carnota.