A Xunta dá por controlados os incendios de Negreira (400 hectáreas), Porto do Son (150 hectáreas), Melide (43 hectáreas) e Dumbría (24 hectáreas). Segundo o último parte, da tarde de onte, o lume xa arrasara case 2.000 hectáreas en Carnota.
Fálase
A Xunta cifra en 1.900 as hectáreas queimadas en Carnota e 150 en Porto do Son en dous incendios activos. O Goberno galego informa tamén do lume da Fonsagrada, xa baixo control. Mentres, o Ministerio de Agricultura fai referencia a incendios en Melide, Rois, Vimianzo, Pantón, Baños de Molgas, Melón, Riós, Lalín, Poio e Vigo.
O ministro de Exteriores convoca o embaixador de Letonia para presentar unha protesta formal despois de que o primeiro ministro dese país se amosase favorable á independencia de Catalunya. Recólleo o diario Ara
O xuíz deixa en liberdade con cargos os integrantes do comando fascista que atentou contra os actos da Diada en Madrid. En El Diario.
O incendio de Carnota avanza sen control cara á parroquia de Arcos (Mazaricos), segundo informa La Voz de Galicia, e supera amplamente as dúas mil hectáreas queimadas. O xefe da brigada de Dumbría fala de "catástrofe", mentres os equipos de extinción intentan evitar que as lapas cheguen ao núcleo do Pindo, onde viven 1.500 persoas.
Segue activo e fóra de control o incendio de Carnota, que xa queimou máis de dúas mil hectáreas. Despois de arrasar o Monte Pindo, chegou xa ao Ézaro. Tamén seguen activos os incendios de Negreira (máis de 400 hectáreas destruídas) e Porto do Son (250). Xa están controlados, no entanto, o que queimou 550 hectáreas na Fonsagrada nos últimos días, e o que esta mañá afectou á zona do Vixiador, en Vigo.
Un xulgado avala que o Concello de Donostia (Bildu) colocase a bandeira da II República española no seu balcón e imponlle as costas do xuízo ao Goberno central, que denunciara ao consistorio. Cóntao Público.es
O Goberno central gastou 2,6 millóns de euros na publicidade do rescate bancario. Cóntao El Diario.
O Instituto de Investigacións Improbables entregou os seus premios Ig Nobel, que se outorgan a aqueles logros científicos "que primeiro che fan rir e logo pensar", en dez categorías distintas. Por exemplo, en Psicoloxía, os gañadores confirmaron experimentalmente que "as persoas que cren estar bébedas tamén pensan que son máis atractivas"
Este venres comeza en Vigo a duodécima edición da Volta Ciclista a Galicia, unha proba amateur que consta de tres etapas e que chegará a Compostela este sábado, e á Coruña o domingo.