O Instituto de Investigacións Improbables entregou os seus premios Ig Nobel, que se outorgan a aqueles logros científicos "que primeiro che fan rir e logo pensar", en dez categorías distintas. Por exemplo, en Psicoloxía, os gañadores confirmaron experimentalmente que "as persoas que cren estar bébedas tamén pensan que son máis atractivas"
Fálase
Este venres comeza en Vigo a duodécima edición da Volta Ciclista a Galicia, unha proba amateur que consta de tres etapas e que chegará a Compostela este sábado, e á Coruña o domingo.
Odón Elorza, deputado do PSE e ex alcalde de Donostia, escribe un artigo en El Diario titulado ¿Qué hacer en Catalunya? no que sinala que "os socialistas temos a obriga de dar unha resposta acorde coa realidade" e propón "unha lei da claridade da de Canadá para eo caso de Quebec ou un proceso legal e pactado de consulta coma o negociado por un intelixente Cameron para Escocia"
Un dos ultradereitistas detidos polo ataque á sede da Generalitat en Madrid é curmán do ministro Morenés e cuñado de Méndez de Vigo, secretario de Estado para a Unión Europea.
O lume do Monte Pindo segue activo e queimou xa máis de 2000 hectáreas. A zona conta con 650 especies catalogadas, entre elas o carballo anano, única no mundo.
Hoxe arranca o proceso de venda de Novagalicia Banco, unha poxa na que participan Banco Santander, BBVA, CaixaBank e o fondo de capital risco Guggenheim, o preferido polo goberno galego e por José María Castellano
O Congreso aproba a Lei de Transparencia cos votos de PP, CiU, PNV e CC e o rexeitamento de todas as forzas da esquerda, que denuncian a súa "opacidade".
O ataque ao Centro Cultural da Generalitat de Catalunya en Madrid foi obra de cinco partidos de ultradereita que se uniron o pasado 18 de xullo na coalición La España en Marcha (LEM)
A NASA proclama que a sonda espacial Voyager 1, lanzada en 1977, saíu do Sistema Solar, sendo o primeiro obxecto construído polo home que saíu da zona de influencia do Sol.
O Goberno catalán acelerará o proceso de cara á convocatoria dunha consulta sobre o futuro político de Catalunya en 2014, despois do éxito da cadea humana da Diada. O portavoz do Govern, Francesc Homs, indica que en dous meses pode haber unha proposta de data de celebración do referendo e da pregunta sobre a que os cidadáns se terán que pronunciar. O ministro de exteriores, Margallo, recoñece o "éxito" da Diada e di que "hai que escoitar á rúa"