Hoxe arranca o proceso de venda de Novagalicia Banco, unha poxa na que participan Banco Santander, BBVA, CaixaBank e o fondo de capital risco Guggenheim, o preferido polo goberno galego e por José María Castellano
Fálase
O Congreso aproba a Lei de Transparencia cos votos de PP, CiU, PNV e CC e o rexeitamento de todas as forzas da esquerda, que denuncian a súa "opacidade".
O ataque ao Centro Cultural da Generalitat de Catalunya en Madrid foi obra de cinco partidos de ultradereita que se uniron o pasado 18 de xullo na coalición La España en Marcha (LEM)
A NASA proclama que a sonda espacial Voyager 1, lanzada en 1977, saíu do Sistema Solar, sendo o primeiro obxecto construído polo home que saíu da zona de influencia do Sol.
O Goberno catalán acelerará o proceso de cara á convocatoria dunha consulta sobre o futuro político de Catalunya en 2014, despois do éxito da cadea humana da Diada. O portavoz do Govern, Francesc Homs, indica que en dous meses pode haber unha proposta de data de celebración do referendo e da pregunta sobre a que os cidadáns se terán que pronunciar. O ministro de exteriores, Margallo, recoñece o "éxito" da Diada e di que "hai que escoitar á rúa"
Damm faise co control do consello de administración de Pescanova co 70% dos votos dos accionistas. Juan Manuel Urgoiti, probable presidente. Cartesian anuncia a impugación da xunta de accionistas ao no votarse por conselleiros.
A Audiencia Nacional dá por probada a existencia de Resistencia Galega e condena por terrorismo catro persoas a entre 10 e 18 anos de cárcere. Recólleo Europa Press na súa web
#consellodaxunta Feijóo asegura asumir o "compromiso" de "saber quen queimou o monte Pindo"
O BNG pide a dimisión do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e convoca manifestacións esta tarde en todas as cidades galegas contra a vaga de lumes. O Bloque denuncia "a falta dunha política forestal" por parte do PP e a eliminación das medidas de prevención
Convocan folga xeral na educación o 24 de outubro pola escola pública. Protestan contra a Lomce, a suba de taxas e os recortes.