O BNG pide a dimisión do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e convoca manifestacións esta tarde en todas as cidades galegas contra a vaga de lumes. O Bloque denuncia "a falta dunha política forestal" por parte do PP e a eliminación das medidas de prevención
Fálase
Convocan folga xeral na educación o 24 de outubro pola escola pública. Protestan contra a Lomce, a suba de taxas e os recortes.
#consellodaxunta Feijóo asegura que "vendo o talante" da vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, nas súas preguntas na sesión de control, conclúe que "non respecta o presidente, o Goberno nin o Parlamento. Non se respecta nin ela mesma".
#consellodaxunta A ex xerente do Xacobeo, Camino Triguero, nomeada nova directora xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas
A xunta de accionistas de Pescanova prevista para as 12.30, que debe elixir o novo consello de administración da empresa, comeza con atraso. Esta xunta extraordinaria estará presidida polo conselleiro asesor José María Pérez-Carasa Gonzalez-Estrada.
#consellodaxunta Feijóo asegura que a Xunta reduciu o seu endebedamento en 128 millóns de euros no segundo trimestre do ano. Dende 2009 a débeda da Xunta incrementou en máis dun 90%.
#consellodaxunta Feijóo anuncia que Novagalicia "iniciará unha nova vía, no ámbito xudicial, para poñerse de acordo con moitos dos que reclamen" os cartos estafados nas preferentes
O fume dos incendios en Galicia volve ser captado polos satélites meteorolóxicos, tal e como amosa @4gotas_com
ETA ten intención de entregar as armas antes do Nadal, segundo a información difundida a través da axencia EFE que recolle a ETB.
Deteñen seis persoas polo ataque ultradereitista á delegación da Generalitat en Madrid. Formaban parte dos quince asaltantes que agrediron xente e lanzaron gases na celebración da Diada.