Segue activo e fóra de control o incendio de Carnota, que xa queimou máis de dúas mil hectáreas. Despois de arrasar o Monte Pindo, chegou xa ao Ézaro. Tamén seguen activos os incendios de Negreira (máis de 400 hectáreas destruídas) e Porto do Son (250). Xa están controlados, no entanto, o que queimou 550 hectáreas na Fonsagrada nos últimos días, e o que esta mañá afectou á zona do Vixiador, en Vigo.
