Un grupo de estudantes inicia un peche na Biblioteca Intercentros do campus universitario de Lugo
Un grupo de estudantes inicia un peche na Biblioteca Intercentros do campus universitario de Lugo
Máis de 400 detidos en Montreal nunha nova protesta estudantil contra a suba do 75% nas taxas universitarias
Continúan as protestas estudantís en México, centradas nomeadamente na denuncia da manipulación informativa
Amnistía Internacional publica o seu informe anual (que fai 50 anos) lamentando que a primavera árabe fora unha "oportunidade perdida" e denunciando a "inoperancia" da ONU
Syriza rexístrase como partido e deixa de ser unha coalición. Isto pode ter unha grande importancia nas eleccións de xuño en Grecia, pois o sistema electoral outórgalle automaticamente 50 escanos máis ao partido máis votado
As portadas dos xornais de toda Europa salientan o primeiro encontro entre Hollande e Merkel, no cumio informal da UE. Le Figaro titula A confrontación
PP, CiU e UPyD evitan que se revisen os beneficios fiscais da Igrexa. Os tres grupos votan en contra dunha iniciativa de Izquierda Plural para que a Igrexa se autofinanciase, eliminándose privilexios coma a exención do IBI
O Deportivo vence no último minuto cun gol milagreiro de Xisco (1-2) e só necesita unha vitoria máis para ascender a Primeira. Os coruñeses tiveron que remontar e sufriron até o final. Bruno Gama marcou o primeiro.
O COB Ourense perde ante o Prat (80-67) no terceiro partido do play-off de ascenso á LEB Ouro. Segue diante na eliminatoria (2-1) e precisa unha vitoria máis para subir.
O Celta remonta e vence 4-1 ao Xerez. O equipo vigués segue dependendo de si mesmo para ascender de forma directa tras os goles de Aspas (2), Álex López e Orellana, nun partido no que xogou con dez moitos minutos pola expulsión do porteiro Sergio.