A Xunta insiste en que "é posible facer algún cambio na tarificación" da AP-9. O conselleiro Hernández confía en que o Ministerio de Fomento "sexa capaz de trasladar a Audas a necesaria sensibilidade que debe ter co territorio".
Fálase
Montoro admite que os novos recortes en 2013 "serán moi dolorosos". O ministro de Facenda chega a afirmar, nunha entrevsita en Valores, que os axustes aplicados até o de agora "son só o principio".
Méndez asegura que o rescate "non é inocuo" e que "suporía meter España nunha depresión da que sería difícil saír". O secretario xeral de UGT advirte das "novas condicións" que traería outro rescate nunha entrevista en RNE.
Amancio Ortega xa é o terceiro home máis rico do mundo, segundo o índice de Bloomberg. A súa fortuna ascende aos 38.000 millóns de euros.
Resistencia Galega atribúese a colocación de dous artefactos explosivos en Vigo. Os Tedax desactivaron dúas bombas caseiras que foran colocadas na zona de antenas de radio e televisión de Monte Sampaio, sen causar danos nin feridos.
O Goberno regula o despido colectivo de empregados públicos. A extinción amplíase ao persoal laboral fixo, aínda que teña aprobadas as oposicións. Cóntao Faro de Vigo.
Sanidad esixe 710 euros ao ano aos inmigrantes sen papeis para ser atendidos. Os maiores de 65 anos terán que pagar o dobre. Cóntao El País.
Gómez Noya di verse "con opcións de medalla" nos Xogos Olímpicos. O triatleta galego disputa este martes a proba de triatlon a partir das 12:30 en Londres. Imaxe de Adolf Boluda.
El Correo Gallego denuncia que escoltas de Rajoy "abusaron da súa autoridade" con varios xornalistas do medio. "Os seus gardas dedícanse a coaccionar os profesionais qeu cumpren coa súa obriga de informar", asegura.
Rosa Díez insta o Goberno a "intervir" as comunidades autónomas para garantir "a cohesión e a igualdade". A líder de UPyD cre que cada autonomía "recorta de onde quere".