O número de traballadores afectados por ERE sobe un 53% no primeiro trimestre do ano, en comparación co mesmo periodo de 2011 e logo da entrada en vigor da reforma laboral. O Goberno, no entanto, compara a cifra co último trimestre do ano pasado para destacar o descenso nas regulacións de emprego.
Fálase
Rajoy pedirá hoxe en París e Bruxelas que o BCE actúe para relaxar a débeda e garantir así a estabilidade financeira. O presidente do Goberno defenderá o control de déficit e as reformas do Executivo.
O Concello de Piñor e veciños de Cea presentan alegacións contra o parque eólico Serra do Faro e outros dous que se prevé instalar en Piñor, San Cristovo de Cea, O Irixo e Dozón
O 15M márcase como obxectivo unha investigación cidadá sobre Rodrigo Rato, ao que intentará levar ante a Xustiza.
A área metropolitana de Vigo entra en vigor sen un acordo co Concello para o seu desenvolvemento.
Crecen os salarios en Alemaña. Nas últimas semanas as negociacións entres empresas e sindicatos están resultando na aplicación de importantes subas salariais (6,3% para os empregados públicos ou 4,3% para o sector metalúrxico). Dende o ano 2000 os traballadores alemáns perderan un 7,4% de poder adquisitivo.
A senadora Iolanda Pineda (PSC) acude ao Senado co seu bebé de dous meses para reclamar que a Cámara alta poña en marcha canto antes o voto telemático.
Contraste nas portadas da prensa impresa de hoxe. El Periódico fala de "Marea Educativa" e El País "Os alumnos apuntalan a folga de educación". Mentres que La Razón titula "Fracaso da folga política" e ABC "Asaltan pola forza a Consellería de Educación de Baleares"
Hoxe comezan as eleccións presidenciais en Exipto, que continuarán mañá, 15 meses despois da dimisión de Mubarak. As sondaxes, pouco fiables, indican que até cinco candidatos teñen opcións de pasar á segunda volta: Amr Musa, ex secretario xeral da Liga Árabe; Mohamed Morsi, dos Irmáns Musulmanes; Ahmed Shafiq, o último primeiro ministro de Mubarak; Abdel Moneim Abulfutú, islamista moderado; e Hamdin Sabahi, nasserista.
A Fiscalía Xeral de Galicia está preparando unha demanda civil colectiva contra Novagalicia Banco de centos de afectados pola adquisición de participacións preferentes