El Diario recompila os momentos de tensión vividos polos dirixentes do PP que foron increpados este domingo na manifestación da AVT en Madrid.
Fálase
Falece o músico Lou Reed aos 71 anos de idade, segundo a revista Rolling Stone
A Xunta activa a alerta por temporal dende esta tarde en todo o litoral galego
O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, sentenza nunha entrevista en El País que "a xente xa empeza a notar a recuperación" económica.
O diario Ara analiza a aposta de UPyD por ter a "chave da gobernabilidade" do Estado en 2015. Será o principal o obxectivo do congreso da formación, á que Rosa Díez concorre sen oposición interna.
Varias sentenzas avalan o uso de fotografías publicadas nas redes sociais para despedir persoas dos seus postos de traballo. Cóntao El Diario
El País repasa a situación política de Compostela derivada da imputación xudicial de 10 dos 13 edís do grupo de Goberno. A reportaxe destaca a perda de "respecto" entre o funcionariado e a abundancia de cargos de confianza.
O Deportivo da Coruña perde ante o Tenerife por 0-2
A asemblea celebrada en Riotorto contra o copagamento farmacéutico acorda celebrar unha manifestación nacional o vindeiro 17 de novembro en Compostela. En Crónica 3
O Consello Político Nacional de EU acorda por unanimidade "solicitarlle" á Carmen Iglesias, número 2 de AGE en Ourense, que "reconsidere a súa posición de non renunciar á acta" de deputada "no caso de renuncia de David Fernández", de Anova, para así "respectar o equilibrio e non alterar máis a desproporción existente no grupo" parlamentario "saído das urnas". "Un posto que cesa ten que ser substituído por outra persoa da mesma formación política", agregan. Resolución íntegra