A asemblea celebrada en Riotorto contra o copagamento farmacéutico acorda celebrar unha manifestación nacional o vindeiro 17 de novembro en Compostela. En Crónica 3
Fálase
O Consello Político Nacional de EU acorda por unanimidade "solicitarlle" á Carmen Iglesias, número 2 de AGE en Ourense, que "reconsidere a súa posición de non renunciar á acta" de deputada "no caso de renuncia de David Fernández", de Anova, para así "respectar o equilibrio e non alterar máis a desproporción existente no grupo" parlamentario "saído das urnas". "Un posto que cesa ten que ser substituído por outra persoa da mesma formación política", agregan. Resolución íntegra
Portugal viviu este sábado unha nova xornada de protestas contra os recortes e a troika. Resúmeas o xornal Público.
Centos de persoas esixiron esta mañá en Compostela a devolución dos cartos "estafados" nas preferentes. A protesta, convocada por ADICAE e as plataformas de afectados, chegou á residencia oficial de Monte Pío.
Anxo Louzao vén de ser reelixido secretario nacional da CIG Ensino no Congreso do sindicato.
O Celta protagoniza unha goleada histórica ante o Málaga, ao que vén de derrotar por 0-5.
Xosé Luís Méndez Ferrín recibiu este sábado o premio Otero Pedrayo, que conceden as deputacións galegas. O escritor e ex presidente da RAG apostou pola creación de premios nacionais para a cultura galega.
O deputado Juan Carlos González Santín, novo secretario xeral do PSdeG en Lugo co apoio do 94% dos votos no Congreso Provincial Extraordinario.
Feijóo insiste na "importancia de formar parte dunha gran nación" e na unidade de España durante a entrega da Orde do Mérito Civil ás persoas e organizacións que colaboraron no rescate tras o accidente ferroviario de Angrois.
Galicia fíxose onte cargo simbolicamente no Parlamento de Gales da edición 2014 do Womex, a meirande feira de músicas do mundo a nivel internacional que se celebrará o vindeiro ano en Compostela.