Un edil do PP relatoulle á Fiscalía as presuntas irregularidades do alcalde do Porriño. Cóntao El País.
Fálase
O Racing de Ferrol cae 2-0 ante o Nàstic de Tarragona no primeiro partido da primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda División A. O equipo galego terá que remontar na Malata.
Ningún dos equipos galegos que loita por subir a Segunda B logrou gañar no primeiro partido das eliminatorias. O Somozas caeu 3-1 ante o Valladolid B, o mesmo resultado co que perdeu o Cerceda ante o Tenerife B. O Boiro caeu na Rioxa ante o Náxara (2-1) e o Pontevedra non pasou do empate (1-1) ante o Portugalete.
Alonso Montero confesa mala relación con Ferrín e sintonía coa Xunta. O presidente da RAG asegura que o galego "non está en perigo".
Rajoy insiste en que apoiar partidos minoritarios é "tirar o voto" nas europeas. Asegura que só as formacións grandes poden ter opcións de influír nas decisións que se toman en Europa.
Anxo Lorenzo di que en Galicia "non hai ningún tipo de problema coas linguas" e carga contra os que "non ven na convivencia de idiomas algo positivo".
O Deportivo empata co Eibar na casa (1-1) e mantén o liderado pero ve como se aperta a cabeza da clasificación en Segunda. O galego Jota igualou o tanto de Ifrán.
O tráfico nas vías galegas cae a niveis de hai 13 anos pero o gasto en combustible crece un 15%.
O aumento da pobreza desborda as axudas de Xunta e Concellos. Medra o orzamento pero fai falta persoa para tramitar as solicitudes.
O PP obtería unha vantaxe mínima de 1,5 puntos nas eleccións europeas, segundo unha sondaxe para El País feita antes da polémica machista de Cañete. A participación situaríase entre o 40 e o 43%.