Rajoy e Aznar interveñen na clausura do Campus da Fundación Faes, en Navacerrada. O presidente do Goberno incide na necesidade das políticas de austeridade e afirma que "reducir o déficit público é un obxectivo nacional"
Fálase
Os xornalistas de TVE rexeitan a Somoano como novo director de informativos nun referendo non vinculante. Participou o 30% dos traballadores e traballadoras, que nun 70% votaron en contra do nomeamento
Esta mañá celébrase o Consello Nacional de Compromiso x Galicia, no que se producirá a integración de membros de Acción Galega, entre eles Xosé Manuel Pérez Bouza e Teresa Táboas, e tamén de Ecogaleguistas. Máis información, esta tarde en Praza.
Estanse desenvolvendo no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela os actos do Día do Cooperativismo Galego, no marco do Encontro Internacional Cooperativo, nos que se entregarán os premios anuais ás mellores cooperativas galegas. Máis información, esta tarde en Praza.
O Concello de Moaña declara fillo adoptivo a Manuel Méndez, "o home imprescindible". Mestre, candidato á alcaldía por Unidade Galega en 1979, un dos activistas que embarcou no Xurelo para deter os vertidos nucleares na Foxa Atlántica en 1981, voceiro da Plataforma Antipeaxe e moitas máis cousas, Méndez recolleu o agarimo unánime de todos os habitantes do concello.
EU denuncia “presións” para que Navantia non traballe con Venezuela. O deputado José Luis Centella estivo en Ferrol para coñecer a situación dos estaleiros e afirmou que os movementos de Estados Unidos puideron frustrar algún contrato nalgún momento.
Ao redor de catro mil persoas manifestáronse onte en Viveiro en defensa do mantemento dos postos de traballo en Alcoa e en demanda dunha tarifa eléctrica máis reducida para a industria
Libia celebra eleccións este sábado, nun clima de incerteza e de conatos de violencia. Un amplo sector da poboación da Cirenaica, con Benghazi como capital, reclama unha meirande autonomía, e a semana pasada un grupo de manifestantes asaltou un centro de votación.
O Ministerio de Medio Ambiente veta definitivamente un encoro, autorizado pola ditadura en 1961, e que se ía construír no río Navia, entre Asturias e Galicia, asolagando parte dos concellos de Ibias (Asturias), A Fonsagrada e Navia de Suarna. Afectaría cinco espazos protexidos, 15 xacementos arqueolóxicos e o hábitat do oso pardo.
Este sábado terá lugar en San Sadurniño a Asemblea Anual REAS Galiza (Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria)