Libia celebra eleccións este sábado, nun clima de incerteza e de conatos de violencia. Un amplo sector da poboación da Cirenaica, con Benghazi como capital, reclama unha meirande autonomía, e a semana pasada un grupo de manifestantes asaltou un centro de votación.
Fálase
O Ministerio de Medio Ambiente veta definitivamente un encoro, autorizado pola ditadura en 1961, e que se ía construír no río Navia, entre Asturias e Galicia, asolagando parte dos concellos de Ibias (Asturias), A Fonsagrada e Navia de Suarna. Afectaría cinco espazos protexidos, 15 xacementos arqueolóxicos e o hábitat do oso pardo.
Este sábado terá lugar en San Sadurniño a Asemblea Anual REAS Galiza (Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria)
Compromís apela ao espírito de Nunca Máis ante os graves incendios que afectan á Comunitat Valenciana
A muller e o fillo do autor confeso do roubo do Códice Calixtino, tamén a prisión sen fianza
O blog Zona Crítica de Eldiario.es recolle os recortes do Goberno da Comunidade de Madrid no seu privatizado operativo contra incendios.
O vindeiro día 13 as peñas do Obradoiro celebran unha festa na sala Capitol, en Santiago, co obxectivo de recadar fondos para a conversión do club de baloncesto en Sociedade Anónima Deportiva e así garantir a súa continuidade na Liga ACB.
O rescate ao sector bancario español non poderá realizarse directamente do fondo europeo ás entidades bancarias, sen pasar polo Estado. En Ara.
Os mercados volven deixar as finanzas do Estado nunha preocupante situación. Os bonos españois roldan o temido 7% de xuro, a prima de risco aproxímase aos 560 puntos e a Bolsa desplómase un 3,1%. Cóntao a Cadena SER.
O electricista que confesou ter roubado o Códice Calixtino, a prisión sen fianza. Adiántao a Radio Galega.