Os mercados volven deixar as finanzas do Estado nunha preocupante situación. Os bonos españois roldan o temido 7% de xuro, a prima de risco aproxímase aos 560 puntos e a Bolsa desplómase un 3,1%. Cóntao a Cadena SER.
Fálase
O electricista que confesou ter roubado o Códice Calixtino, a prisión sen fianza. Adiántao a Radio Galega.
Soraya Sáenz de Santamaría confirma que Mariano Rajoy "entregará" o Códice Calixtino o vindeiro domingo na Catedral de Santiago.
A letra pequena dos contratos bancarios non poderá ser inferior aos dous milímetros, segundo unha nova normativa do Banco de España que hoxe publica o BOE
Membros da Comisión de Defensa do Congreso visitarán o 18 de xullo o Alcázar de Toledo, complexo que fora emblema da sublevación franquista en 1936. Algúns parlamentarios consideran "unha broma macabra" esta coincidencia na visita ao edificio, que albergará un museo militar. En Público.es
A localidade asturiana de Pola de Lena centrou a pasada madrugada as protestas dos mineiros. Axentes antidisturbios cargaron contra os traballadores e tamén contra a veciñanza da vila que os apoiaba, mesmo guindando botes de humo contra locais hostaleiros abertos. Segundo avanza a Cadena SER, unha nena resultou ferida por unha pelota de goma da Policía, malia atoparse no interior da súa casa.
O Consell de Garanties Estatutàries de Catalunya considera que a Lei de estabilidade orzamentaria, aprobada polo PP co apoio de CiU, é ilegal, ao vulnerar a autonomía financeira da Generalitat.
A Xunta vén de adxudicar a limpeza e mantemento. da sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo. A adxudicación rebaixa en tan só 29 euros o prezo de licitación que, como ten informado Praza, prevía gastar uns 200 euros por metro cadrado
O Euskobarómetro, que realiza a Universidade do País Vasco, publica hoxe unha enquisa de estimación de voto que outrogaría ao PNV un axustado triunfo sobre Bildu (EHB) nas eleccións vascas que se celebrarán nos vindeiros meses. O PNV obtería 23-24 escanos, por 22 de EHB; o PSE quedaría en 17 e o PP en 12-13. EB, UPyD e IU quedarían sen representación. O 57% dos vascos e vascas cren necesario un cambio de lehendakari, aínda que Pachi López é o que líder con máis apoios persoais para ser presidente.
El Blog Salmón fai un percorrido pola evolución da prestación por desemprego, dende a súa creación na República, a súa consolidación nas décadas seguintes, e o endurecemento das súas condicións a partir de 1992. O Goberno podería estar valorando reducir de 24 a 15 ou 18 meses a súa duración máxima.