O Consell de Garanties Estatutàries de Catalunya considera que a Lei de estabilidade orzamentaria, aprobada polo PP co apoio de CiU, é ilegal, ao vulnerar a autonomía financeira da Generalitat.
Fálase
A Xunta vén de adxudicar a limpeza e mantemento. da sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo. A adxudicación rebaixa en tan só 29 euros o prezo de licitación que, como ten informado Praza, prevía gastar uns 200 euros por metro cadrado
O Euskobarómetro, que realiza a Universidade do País Vasco, publica hoxe unha enquisa de estimación de voto que outrogaría ao PNV un axustado triunfo sobre Bildu (EHB) nas eleccións vascas que se celebrarán nos vindeiros meses. O PNV obtería 23-24 escanos, por 22 de EHB; o PSE quedaría en 17 e o PP en 12-13. EB, UPyD e IU quedarían sen representación. O 57% dos vascos e vascas cren necesario un cambio de lehendakari, aínda que Pachi López é o que líder con máis apoios persoais para ser presidente.
El Blog Salmón fai un percorrido pola evolución da prestación por desemprego, dende a súa creación na República, a súa consolidación nas décadas seguintes, e o endurecemento das súas condicións a partir de 1992. O Goberno podería estar valorando reducir de 24 a 15 ou 18 meses a súa duración máxima.
Hoxe comeza a Semana Negra de Xixón, que até o día 15 ofrecerá na cidade presentacións de libros, charlas, coloquios, concertos, proxeccións de filmes..., todo co xénero negro como protagonista.
O Goberno valora a supresión da paga extra dos 2,7 millóns de funcionarios, unha medida que se mantería durante varios anos, segundo Cinco Días
Un de cada catro litros de auga pérdese en Galicia por mor das avarías, e a cantidade anual total desperdiciada serviría para abastecer Catalunya durante un mes
O alcalde de Portas dáse de baixa do PP tras admitir unha fraude fiscal. Con Roberto Vázquez, que levaba cinco lexislaturas no poder, marchan todos os concelleiros populares.
O corte da autoestrada A66, que comunica Asturias coa meseta, remata cunha batalla campal entre mineiros e policías en Pola de Lena, que foi tomada polos antidisturbios. Os alcaldes das comarcas mineiras pecharanse do domingo até o martes nos concellos.
Videla, o ditador arxentino, condenado a 50 anos de cadea polo roubo de bebés. O tribunal sostén que o roubo foi "sistemático", parte dun "plan xeral de aniquilación" contra parte da poboación civil co argumento de acabar coa "subversión".