Un de cada catro litros de auga pérdese en Galicia por mor das avarías, e a cantidade anual total desperdiciada serviría para abastecer Catalunya durante un mes
Fálase
O alcalde de Portas dáse de baixa do PP tras admitir unha fraude fiscal. Con Roberto Vázquez, que levaba cinco lexislaturas no poder, marchan todos os concelleiros populares.
O corte da autoestrada A66, que comunica Asturias coa meseta, remata cunha batalla campal entre mineiros e policías en Pola de Lena, que foi tomada polos antidisturbios. Os alcaldes das comarcas mineiras pecharanse do domingo até o martes nos concellos.
Videla, o ditador arxentino, condenado a 50 anos de cadea polo roubo de bebés. O tribunal sostén que o roubo foi "sistemático", parte dun "plan xeral de aniquilación" contra parte da poboación civil co argumento de acabar coa "subversión".
O electricista acusado de roubar o Códice Calixtino confesa os feitos. Adiántao El País.
A prensa portuguesa faise eco hoxe dunha cidade construída en Angola polos chineses, Nova Cidade de Kilamba, pensada para acoller medio millón de persoas, e totalmente baleira aínda.
IKEA recibe 55.252 currículums para as 380 ofertas de traballo da súa nova tenda en Sabadell
O comisario xefe da Unidade de Delincuencia Especializada, o galego Serafín Castro, di que o presunto ladrón do Códice Calixtino é "é un home de carácter pechado, escuro, galego" e que acumulaba "cartos para gardalos debaixo do ladrillo, como todos os galegos". En Galiciae
O Goberno central podería reducir a prestación por desemprego dos 24 meses actuais a 15 ou 18, segundo El Blog Salmón. A medida, que podería aprobarse nun dos dous próximos consellos de ministros, conformaría unha parte do recorte de 30.000 millóns de euros que pretende realizar o Executivo.
Apenas o 3% dos consumidores paga por contidos de entretemento na rede, principalmente videoxogos. Segundo un informe da consultora GfK, un escaso 12,2% dos cidadáns consume contidos de entretemento online, e deles só o 27% paga, maioritariamente homes novos, early adopters de tecnoloxía.