O Goberno valora a supresión da paga extra dos 2,7 millóns de funcionarios, unha medida que se mantería durante varios anos, segundo Cinco Días
Fálase
Un de cada catro litros de auga pérdese en Galicia por mor das avarías, e a cantidade anual total desperdiciada serviría para abastecer Catalunya durante un mes
O alcalde de Portas dáse de baixa do PP tras admitir unha fraude fiscal. Con Roberto Vázquez, que levaba cinco lexislaturas no poder, marchan todos os concelleiros populares.
O corte da autoestrada A66, que comunica Asturias coa meseta, remata cunha batalla campal entre mineiros e policías en Pola de Lena, que foi tomada polos antidisturbios. Os alcaldes das comarcas mineiras pecharanse do domingo até o martes nos concellos.
Videla, o ditador arxentino, condenado a 50 anos de cadea polo roubo de bebés. O tribunal sostén que o roubo foi "sistemático", parte dun "plan xeral de aniquilación" contra parte da poboación civil co argumento de acabar coa "subversión".
O electricista acusado de roubar o Códice Calixtino confesa os feitos. Adiántao El País.
A prensa portuguesa faise eco hoxe dunha cidade construída en Angola polos chineses, Nova Cidade de Kilamba, pensada para acoller medio millón de persoas, e totalmente baleira aínda.
IKEA recibe 55.252 currículums para as 380 ofertas de traballo da súa nova tenda en Sabadell
O comisario xefe da Unidade de Delincuencia Especializada, o galego Serafín Castro, di que o presunto ladrón do Códice Calixtino é "é un home de carácter pechado, escuro, galego" e que acumulaba "cartos para gardalos debaixo do ladrillo, como todos os galegos". En Galiciae
O Goberno central podería reducir a prestación por desemprego dos 24 meses actuais a 15 ou 18, segundo El Blog Salmón. A medida, que podería aprobarse nun dos dous próximos consellos de ministros, conformaría unha parte do recorte de 30.000 millóns de euros que pretende realizar o Executivo.