El Blog Salmón fai un percorrido pola evolución da prestación por desemprego, dende a súa creación na República, a súa consolidación nas décadas seguintes, e o endurecemento das súas condicións a partir de 1992. O Goberno podería estar valorando reducir de 24 a 15 ou 18 meses a súa duración máxima.
Fálase
Hoxe comeza a Semana Negra de Xixón, que até o día 15 ofrecerá na cidade presentacións de libros, charlas, coloquios, concertos, proxeccións de filmes..., todo co xénero negro como protagonista.
O Goberno valora a supresión da paga extra dos 2,7 millóns de funcionarios, unha medida que se mantería durante varios anos, segundo Cinco Días
Un de cada catro litros de auga pérdese en Galicia por mor das avarías, e a cantidade anual total desperdiciada serviría para abastecer Catalunya durante un mes
O alcalde de Portas dáse de baixa do PP tras admitir unha fraude fiscal. Con Roberto Vázquez, que levaba cinco lexislaturas no poder, marchan todos os concelleiros populares.
O corte da autoestrada A66, que comunica Asturias coa meseta, remata cunha batalla campal entre mineiros e policías en Pola de Lena, que foi tomada polos antidisturbios. Os alcaldes das comarcas mineiras pecharanse do domingo até o martes nos concellos.
Videla, o ditador arxentino, condenado a 50 anos de cadea polo roubo de bebés. O tribunal sostén que o roubo foi "sistemático", parte dun "plan xeral de aniquilación" contra parte da poboación civil co argumento de acabar coa "subversión".
O electricista acusado de roubar o Códice Calixtino confesa os feitos. Adiántao El País.
A prensa portuguesa faise eco hoxe dunha cidade construída en Angola polos chineses, Nova Cidade de Kilamba, pensada para acoller medio millón de persoas, e totalmente baleira aínda.
IKEA recibe 55.252 currículums para as 380 ofertas de traballo da súa nova tenda en Sabadell