O Goberno de España tenta frear cun recurso o recoñecemento do Goberno vasco ás vítimas de abusos policiais sufridos entre 1960 e 1978. Cóntao Deia.
Fálase
Este mediodía ás 13:00 o pleno do Concello de Santiago tomará coñecemento das baixas de nove edís, das renuncias de membros da lista do PP e das incorporacións de Agustín Hernández e do resto do seu equipo, composto na maioría por persoas non elixidas nas eleccións.
O xefe antiterrorista da Policía 'empotra' a súa filla nunha operación para que o conte no xornal da súa facultade. Cóntao El Diario.
Ethel Vázquez, directora de Infraestruturas e ex directora de Augas de Galicia, será a nova conselleira de Infraestruturas, segundo anunciou a Xunta a pasada noite. A substituta de Agustín Hernández toma posesión no Pazo de Raxoi ás 9 da mañá.
Carlos Reigosa (A vitoria do perdedor), Juan Gabriel Vásquez (Las reputaciones) e Jöel Dicker (La Vérité sur l'affaire Harry Quebert), gañadores da vixésima edición dos premios literarios San Clemente nas modalidades de lingua galega, castelá e estranxeira, respectivamente.
A Xunta informa dun incendio de máis de 20 hectáreas en Rubiá (Ourense) que, asegura, "non afecta ao parque natural da Serra da Enciña da Lastra". Segundo Medio Rural outro incendio no mesmo Concello, na parroquia do Porto, atópase máis próximo ao parque pero, cando menos polo momento, tampouco lle afecta.
A cervexa reduce minora o risco canceríxeno das carnes á grella, segundo un estudo das universidades de Vigo e do Porto que recolle Gciencia
Unha ducia de organizacións políticas e sociais artellan accións conxuntas "perante a actual situación do Concello de Santiago". Detallaranas nunha rolda de prensa unitaria convocada para mañá por Anova, Asemblea Aberta, BNG, Candidatura do Povo, CxG, EQUO, Espazo Ecosocialista Galego, EU, NOS-UP, Podemos, Santiago de Corruptela, Stop Desafiuzamentos
Sés, Nao, Festicultores, A Quenlla, Habelas Hainas, Os da Ría, García MC ou Grampoder protagonizarán a edición 2014 do Festigal, que o pasado ano tivo que ser suspendido por mor do accidente de Angrois.
O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, ameaza con rescindir o contrato con Urbaser se empresa e traballadores non chegan a un acordo en breve no conflito laboral aberto dende hai unha semana.