Grupos antiabortistas esixen nunha manifestación que o PP execute a contrarreforma do aborto e ameazan con deixar de votar o partido de Rajoy se non o fai. Recólleo El Diario.
Fálase
O Scottish National Party suma 9.000 novos membros dende o referendo do pasado xoves, segundo vén de anunciar a formación escocesa.
Vilaweb repasa os cambios de fronteiras no mundo nas últimas décadas. Dende 1990 xurdiu unha trintena de novos Estados, destaca.
O Celta logrou un valioso empate a 2 goles a pasada noite ante o Atlético de Madrid
"Xogar ao xadrez ou falar idiomas pode atrasar o Alzheimer", explica en GCiencia o investigador Roberto Agís-Balboa, do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo
Stephen Hawking explica nunha entrevista en El Mundo que "non hai ningún deus" porque "os milagres son incompatibles coa ciencia".
Impídenlle o acceso ao Pazo de Meirás a un veciño de Bergondo por ir en cadeira de rodas. Cóntao La Opinión
A organización da carreira da muller da Coruña, que se celebra este domingo, inclúe a revista do corazón ¡Hola! no material que reciben as participantes. O BNG local censura que o Concello permita esta "visión sexista" segundo a cal "as mulleres son as receptoras naturais do lercheo e da banalidade". "O PP entende que existe un cerebro gris, o dos homes, e outro rosa, o das mulleres", agregan.
O Deportivo sofre unha avultada derrota ante o Real Madrid por 2 goles a 8
O CD Lugo empata sen goles ante o Recreativo de Huelva