Alfonso e Raúl, os dous titiriteros detidos por representar a obra La bruja y don Cristóbal, destacan no remate da concentración de apoio convocada este domingo en Madrid pola Unión de Actores que "queríamos representar unha historia de ficción que, por desgraza, ten moitas semellanzas coa realidade"
Fálase
La Opinión esixe nun editorial "transparencia e competencia" para as contratacións que realiza a Autoridade Portuaria da Coruña. O porto herculino adxudicou o ano pasado 11,9 millóns de euros en contratos menores ou negociados que non saíron a concurso público
Boa parte de Galicia (sobre todo na provincia de Pontevedra) rexistrou importantes incidencias polas chuvias caídas este sábado, que mesmo obrigaron a evacuar a varias persoas. Fornelos de Montes chegou a recibir 266 litros por metro cadrado e Vigo 214. Este domingo espérase a chegada dunha fronte fría, con alerta por neve en Ourense a partir do mediodía. No mar, mantense a alerta vermella (no litoral coruñés) e laranxa no resto.
En Marea asegura que non apoiará un goberno no que estea Ciudadanos, ao que cualifican de "PP 3.0" e que defende a "continuidade das políticas do PP". Mantén a "man tendida" ao PSOE pero sinala que a oferta programática presentada polos socialistas é "bastante mellorable" pois non concreta "ningunha cuestión"
En Vigo, ao igual que na Coruña, unha concentración organizada pola Asociación Nós Mesmas protestou contra a LGTBIfobia e a agresión que se produciu esta semana en Compostela.
Tomás Fajardo seguirá como presidente da Federación Galega de Confrarías a pesar de non superar a moción de confianza votada este sábado. 62 votos pediron o seu cese e só 37 o apoiaron. Porén, ao votar só 99 das 126 persoas censadas, Fajardo alega que non se acadou a maioría cualificada que -entende- sería necesaria para esixir a súa marcha.
Unha concentración na Coruña protesta contra a agresión homófoba que esta semana sufriu unha parella en Compostela e denuncia a LGBTIfobia que continúa existindo na sociedade galega.
Tensión no pleno municipal de Noia ao fío da votación dunha moción de rexeitamento á Lei de Acuicultura. O público presente na sala, así coma PSdeG, Marea e BNG lembrárolles aos concelleiros do PP -que votaron a favor do texto- que esta semana rexeitaron no Parlamento galego a retirada da lei. Críticas tamén aos independentes de NOIA, que a semana que vén apoiarán unha moción de censura que lle dará o Goberno municipal ao PP
Marea Atlántica negociará os orzamentos municipais con todos os grupos, tras non acadarse un pacto co PSOE. O obxectivo é levar o proxecto de orzamentos ao pleno a comezos de marzo
O senador José García Buitrón e militantes dos círculos das cidades dirixirán Podemos Galicia ata a celebración de primarias, previstas para despois do verán. García Buitrón destaca que "viviamos nunha parálie e, se continuásemos así, tería efectos negativos nas autonómicas"