A Esmorga, gran triunfadora no Festival de Toulouse. O filme galego obtén os premios a mellor director, mellor interpretación masculina e mellor fotografía.
Fálase
O Obradoiro debuta cunha rotunda vitoria na ACB ante o Sevilla (88-53). É a terceira vitoria máis ampla que consegue o equipo galego na Liga ACB.
O Alvia que descarrilou en Angrois excede en 32 toneladas o permitido por Renfe. O documental que impulsan as vítimas denuncia soprepeso nos furgóns xeradores e advirte das consecuencias do accidente.
Feijóo asegura que non irá "en ningunha lista ao Congreso nin ao Senado" o 20D. Dio nunha entrevista en Faro de Vigo, na que di que cambiou o goberno para "reconectar coa sociedade".
Ciudadanos supera a Podemos, que baixa a cuarta forza, segundo Metroscopia. Albert Rivera logra atraer votantes de esquerda e dereita, segundo a sondaxe.
86 mortos e 186 feridos tras un atentado en Ankara nunha marcha pola paz. As explosións terían sido causadas por dous suicidas, segundo as primeiras investigacións.
A Marea Atlántica fixo balance público dos seus primeiros cen días no goberno da Coruña. A plataforma expresa a súa confianza en que mantén o apoio cidadá que a levou a alcaldía.
Galicia rexistra tres terremotos leves nas últimas horas, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional. Dous foron no Atlántico, preto da Costa da Morte, e outro nas Nogais.
Gemma Ubasart dimite como líder de Podemos en Catalunya. A secretaria xeral do partido fora crítica coa candidatura do 27S e polo perfil pouco catalanista da campaña ás autonómicas.
Bankia pagou 826.000 euros ao ex cuñado de Rodrigo Rato por asesorías. Mantiña a súa ex muller como socia en varias empresas investigadas por Facenda e a Fiscalía.