Feijóo asegura que non irá "en ningunha lista ao Congreso nin ao Senado" o 20D. Dio nunha entrevista en Faro de Vigo, na que di que cambiou o goberno para "reconectar coa sociedade".
Fálase
Ciudadanos supera a Podemos, que baixa a cuarta forza, segundo Metroscopia. Albert Rivera logra atraer votantes de esquerda e dereita, segundo a sondaxe.
86 mortos e 186 feridos tras un atentado en Ankara nunha marcha pola paz. As explosións terían sido causadas por dous suicidas, segundo as primeiras investigacións.
A Marea Atlántica fixo balance público dos seus primeiros cen días no goberno da Coruña. A plataforma expresa a súa confianza en que mantén o apoio cidadá que a levou a alcaldía.
Galicia rexistra tres terremotos leves nas últimas horas, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional. Dous foron no Atlántico, preto da Costa da Morte, e outro nas Nogais.
Gemma Ubasart dimite como líder de Podemos en Catalunya. A secretaria xeral do partido fora crítica coa candidatura do 27S e polo perfil pouco catalanista da campaña ás autonómicas.
Bankia pagou 826.000 euros ao ex cuñado de Rodrigo Rato por asesorías. Mantiña a súa ex muller como socia en varias empresas investigadas por Facenda e a Fiscalía.
Cinco palestinos, un deles menor, morren en enfrontamentos co exército de Israel. Hai máis de 30 feridos e catro deles atópanse en situación crítica.
O Goberno central reclama a milleiros de mozos o reintegro das axudas de aluguer. En Galicia hai 133 afectados tras cruzar os datos cos de Facenda.
Arquivada a causa contra o líder de Def con Dos, César Strawberry, ao considerar o xuíz que non enxalzou o terrorismo cos seus comentarios en Twitter. Cóntao eldiario.es