Cinco palestinos, un deles menor, morren en enfrontamentos co exército de Israel. Hai máis de 30 feridos e catro deles atópanse en situación crítica.
Fálase
O Goberno central reclama a milleiros de mozos o reintegro das axudas de aluguer. En Galicia hai 133 afectados tras cruzar os datos cos de Facenda.
Arquivada a causa contra o líder de Def con Dos, César Strawberry, ao considerar o xuíz que non enxalzou o terrorismo cos seus comentarios en Twitter. Cóntao eldiario.es
O PP celebra esta mañá un acto titulado Las malas prácticas de los alcaldes radicales aupados por el PSOE. Estará encabezado por Javier Arenas en Cádiz e nel participarán diversos dirixentes do partido.
Vítimas do accidente de Angrois maniféstanse xa ante os xulgados de Compostela para protestar contra o auto que deixa o maquinista como único imputado (imaxe do BNG de Santiago).
O novo presidente da Deputación de Lugo dita o decreto que nomea Antonio Veiga (BNG) como vicepresidente. O socialista Darío Campos sinala que ambas formacións traballan xa na conformación do resto do gabinete. Recólleo El Progreso
Vítimas do accidente de Angrois maniféstanse esta mañá ante os xulgados de Santiago para protestar contra o peche da instrución do caso, que deixa o maquinista como único imputado.
O DOG publica este venres a nova estrutura orgánica das consellerías da Xunta
A Deputación da Coruña remite ao xulgado supostas infraccións da institución en axudas entregadas a entidades da trama Zeta entre 2009 e 2012. Recólleo La Opinión
O TSXG recoñece o dereito a indemnización ás empresas que gañaron o concurso eólico do bipartito e que foi anulado polo actual goberno. O pasado xuño o Supremo ratificou a irregularidade daquela anulación. Cóntao Faro de Vigo