O DOG publica este venres a nova estrutura orgánica das consellerías da Xunta
Fálase
A Deputación da Coruña remite ao xulgado supostas infraccións da institución en axudas entregadas a entidades da trama Zeta entre 2009 e 2012. Recólleo La Opinión
O TSXG recoñece o dereito a indemnización ás empresas que gañaron o concurso eólico do bipartito e que foi anulado polo actual goberno. O pasado xuño o Supremo ratificou a irregularidade daquela anulación. Cóntao Faro de Vigo
Ás 19 horas comeza a Conferencia Política da CUP, na que a formación exporá a súa proposta de ruptura co Estado e tamén a súa posición con respecto á formación de Goberno en Catalunya e a súa aceptación ou non de Artur Mas como presidente, esixida por Junts pel Sí. O encontro poderá seguirse en directo en streaming.
Barcelona en Comú medita presentarse ás eleccións xerais do 20D. A plataforma abre un debate interno sobre a necesidade de "impulsar contextos supramunicipais".
O Consello da Xunta destitúe a María José Bravo Bosch, delegada en Vigo, imputada na Operación Patos. E a Rogelio Martínez, delegado en Ourense, pendente de ser procesado por delitos de malversación, fraude e prevaricación produto da suposta apropiación de fondos comunitarios cando era alcalde de Arnoia. Son substituídos por Ignacio López-Chavez e Marisol Díaz. Toda a información, esta tarde en Praza.
A xornalista bielorrusa Svetlana Alexiévich, Premio Nóbel de Literatura. É a primeira vez que a academia sueca premia o xénero da reportaxe periodística. A obra máis coñecida de Alexiévich trata as consecuencias da traxedia de Chernóbil e dálles voz ás súas vítimas.
Ás 12 horas comezará a debaterse no pleno da Deputación de Lugo a moción de censura presentada por PSdeG-PSOE e BNG e que converterá en presidente ao socialista Darío Campos. Pódese seguir en directo en streaming.
A Deputación da Coruña deteca "infraccións moi graves" nas axudas concedidas a Gerardo Crespo. O goberno provincial dará conta hoxe en pleno do informe de Intervención que solicitar o BNG.
O Concello da Coruña comeza hoxe a aplicar a Lei da Memoria Histórica rodeado da sociedade civil. A praza de Millán Astray pasarase a chamar praza das Atochas este xoves ás 19 horas.