Esquerda Plural e BNG propoñen no Congreso unha reforma constitucional para elixir deputados por comunidades. Tamén se propón a supresión dos umbrais mínimos para acceder ao reparto de escanos e a elección de todos os senadores polos parlamentos autonómicos.
