Unha iniciativa de crowdfunding en goteo.org recada cartos para financiar unha querela contra os integrantes do antigo Consello de administración de Bankia, entre eles Rodrigo Rato. Necesítanse 15 mil euros en 40 días.
Fálase
Der Spiegel denuncia que o Goberno alemán vendeu seis submarinos a Israel para a instalación neles de misís nucleares
O 5 de xuño de 1917 houbo en Vigo unha revolta contra o contrabando de fariña a Portugal, que durou varios días e acabou coa prohibición de sacar este produto da cidade.
A Organización Galega de Comunidades de Montes convoca para o vindeiro domingo día 9 unha manifestación en Santiago para defender "un monte veciñal multifuncional e sustentable"
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presenta a campaña Querela Arxentina: Xenocidio Franquista. Carlos Slepoy, avogado promotor da querela arxentina afirma en Diagonal que "Hai razóns para ser optimistas, os crímes do Franquismo van ser xulgados"
As principais organizacións agrarias galegas reuniranse ás 13.30 horas con Alberto Núñez Feijoo para analizar a situación do sector
Entre 400 e 500 xornalistas galegos perderon o seu emprego nos últimos seis meses, segundo denuncia CC.OO., que convoca para hoxe unha "xornada de loita" nos medios de comunicación. Haberá concentracións na Coruña ás 12 horas (Obelisco) e en Compostela ás 20 horas (Toural)
Fran P. Lorenzo publica no seu blog unha intensa reflexión sobre o orgullo de ser do Celta: "Este Celta novo e canteirán, que tanto escoce dentro e fóra, porque fala galego con todos os acentos da ría de Vigo e pasea bandeiras estreladas pola tarde solleira de Balaídos, este Celta consegue petarme na médula do sentimento e do orgullo"
O primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, ordena os seus ministros que aceleren a deportación duns 25 mil inmigrantes africanos sen papeis
AGAL denuncia que o Concello de Vigo impide a proxección dos filmes lusófonos previstos no festival éMundial, por mor da denegación dos espazos que estaban comprometidos. Segundo a organización, estas trabas súmanse á retirada dos 14.000€ prometidos en concepto de colaboración económica co evento a só dous dias do inicio, así como a denegación de uso da Casa Galega da Cultura para o Encontro de Escritores