Fran P. Lorenzo publica no seu blog unha intensa reflexión sobre o orgullo de ser do Celta: "Este Celta novo e canteirán, que tanto escoce dentro e fóra, porque fala galego con todos os acentos da ría de Vigo e pasea bandeiras estreladas pola tarde solleira de Balaídos, este Celta consegue petarme na médula do sentimento e do orgullo"
