O presidente de Mercadona volve afirmar que a crise económica en España é consecuencia da baixa produtividade dos traballadores: "Temos que cambiar, e poñernos a traballar máis todos porque, do contrario, España será intervida".
Fálase
O PP propón a Leopoldo González Echenique como novo presidente de RTVE. Ata agora era secretario xeral da cadea hoteleira NH. En virtude do cambio legal aplicado polo Goberno central os populares poderán sacar adiante o nomeamento sen contar con ningún outro grupo político.
Nace Percegurú, unha web que informa aos percebeiros sobre as condicións das súas áreas de traballo
China censura as procuras na rede relacionadas co masacre de Tiananmen
A Casa do Libro de Vigo organiza un debate sobre a biografía de Steve Jobs. Será este luns a partir das 19.30 horas
Un encontro profesional levará de novo o circo a Bemposta. Cóntao La Región.
Google inclúe o casco histórico de Compostela e mais a Muralla Romana de Lugo como marabillas do mundo no seu World Wonders Project
Alberto Garzón (IU) afirma nunha entrevista en TVE: "Vamos hacia el abismo. Estamos repitiendo lo que hace Grecia"
A débeda das familias cae en abril e suma algo máis de 855.000 millóns. É a cifra máis baixa desde 2007 no Estado.
O Espazo Ecosocialista advirte, no marco do Día Mundial do Medio Ambiente, de que a preocupación ambiental "desaparece nas crises", xa que "o primeiro que se desbota nelas son as medidas para a sustentabilidade". "É imprescindíbel repensar a nosa sociedade máis aló do crecemento económico. A sustentabilidade oponse ao crecemento económico sen límite", din.