A débeda das familias cae en abril e suma algo máis de 855.000 millóns. É a cifra máis baixa desde 2007 no Estado.
Fálase
O Espazo Ecosocialista advirte, no marco do Día Mundial do Medio Ambiente, de que a preocupación ambiental "desaparece nas crises", xa que "o primeiro que se desbota nelas son as medidas para a sustentabilidade". "É imprescindíbel repensar a nosa sociedade máis aló do crecemento económico. A sustentabilidade oponse ao crecemento económico sen límite", din.
A empresa do ministro de Defensa, Pedro Morenés, denunciada por fraude á Administración Pública. Cóntao Vozpópuli
O paro baixa un 0,37% en Galicia durante o mes de maio, o que supón 1.036 desempregados menos. O descenso é menor ao do conxunto do Estado (0,63%).
Este luns finaliza o prazo para a presentación de candidaturas á presidencia de TVE. O PSOE baralla non propoñer ningún nome para o proceso, no que o PP ten asegurado o control sobre a decisión final. Na Cadena SER
Nove autonomías lánzase á venda de propiedades inmobiliarias para facer caixa. Cóntao La Información.
A Xunta elimina o dereito a dietas por asistencia aos órganos de Goberno de Novacaixagalicia. A entidade, cunha participación minoritaria en Novagalicia Banco, celebra asemblea xeral o vindeiro día 20 na Coruña.
O cartel do San Froilán escollerase este ano mediante votación popular en Internet. Os catro candidatos pódense votar a partir de hoxe na web sanfroilan.info
O tráfico na AP9 descendeu un 24% nos últimos cinco anos, por mor da crise