O Celta e os seus seareiros xa celebran polas rúas de Vigo o ascenso. O autobús do equipo fará un percorrido pola cidade até rematar no Concello, onde ofrecerán o éxito aos seus afecciónados. Imaxe de @rubenbaston
Fálase
O concelleiro de Festas da vila estremeña que celebrou un referendo para elixir entre investir 15.000 euros en touradas ou en emprego amósase preocupado pola repercusión mediática do acontecido. Na Cadena SER.
A Xunta prevé que "en dous meses" se poida aplicar xa a alternativa ao 'tax lease' nos estaleiros galegos. O conselleiro de Economía, Javier Guerra, prevé que o novo sistema de exencións fiscais estea listo "nun breve prazo" logo de ser bloqueado pola UE en varias ocasións.
O Ibex remonta un 2,88% e chega aos 6.200 puntos tras a aposta da Comisión Europea polo fondo de rescate directo á banca.
Bruxelas e París defenden a recapitalización directa dos bancos a través do fondo de rescate. A Comisión Europea e o Goberno francés recoñecen que traballan pola "unión bancaria" na Unión.
O presidente de Mercadona volve afirmar que a crise económica en España é consecuencia da baixa produtividade dos traballadores: "Temos que cambiar, e poñernos a traballar máis todos porque, do contrario, España será intervida".
O PP propón a Leopoldo González Echenique como novo presidente de RTVE. Ata agora era secretario xeral da cadea hoteleira NH. En virtude do cambio legal aplicado polo Goberno central os populares poderán sacar adiante o nomeamento sen contar con ningún outro grupo político.
Nace Percegurú, unha web que informa aos percebeiros sobre as condicións das súas áreas de traballo
China censura as procuras na rede relacionadas co masacre de Tiananmen
A Casa do Libro de Vigo organiza un debate sobre a biografía de Steve Jobs. Será este luns a partir das 19.30 horas