O Pontevedra gañou (2-0) ao Tuledano e o Racing de Ferrol goleou (1-4) o Peña Sport. O Compostela caeu 1-0 ante o Izarra na terceira xornada da Segunda B.
Fálase
Vence cre que "hai moi boas perspectivas de que acabe callando unha candidatura única". Nunha entrevista na Radio Galega, o voceiro nacional do Bloque aclara que a liña vermella é permitir a posibilidade dun grupo galego propio soberano no Congreso.
Societat Civil Catalana emprega unha imaxe de Rosalía para defender os seus postulados en Cataluña. Denunciouno o deputado de CUP Quim Arrufat.
O independentismo obtería unha axustada maioría absoluta pero non alcanzaría o 50% dos votos, segundo unha enquisa para El Periódico. A CUP podería ata triplicar os seus resultados e Ciudadanos sería segunda forza tras Junts pel Sí.
Besteiro asegura que segue coa idea de ser candidato á Xunta. O secretario xeral do PSdeG fala nunha entrevista en La Voz de Galicia, na que mantén a súa inocencia tras a súa imputación por parte de De Lara.
O Lugo empata ante o Mirandés (1-1) e mantense invicto na Segunda División. En 2ªB, o Somozas vence o Cacereño (3-1) pero caen Celta B e Coruxo ante Astorga (0-1) e Logroñés (3-0).
O Colexio de Médicos de Pontevedra aposta por unha xestión "pública, global e única" do hospital de Vigo. "Todos os modelos sanitarios bicefálicos, como en Madrid, teñen problemas de coordinación", di o seu presidente.
Traxedia no rally da Coruña. Seis falecidos e 16 feridos, seis deles moi graves logo de que un coche batese contra varios afeccionados. Investíganse as causas do sinistro nun tramo considerado seguro.
Feijóo presume do PP como "garantía dos servizos públicos na época da crise económica" e volve criticar os que protestan contra a xestión do novo hospital de Vigo.
Un incendio en Vilardevós queimou xa 176 hectáreas e outro en Ourense, unhas 23. Ningún dos dous está aínda extinguido.