A Xunta di que non autoriza polo momento a mina de Corcoesto, se ben daríalle luz verde se acredita "maiores garantías técnicas e económicas".
Fálase
O FMI atrasa ata 2015 a volta de España ao crecemento económico.
O PP denuncia a Anonymous por filtrar a súa contabilidade en Internet, segundo informa Europa Press
Varias convocatorias ante as sedes do PP piden a dimisión do Goberno. Baixo a etiqueta #9Jgobdimision, as redes sociais chaman a manifestarse a partir das oito da tarde.
Dositeo Rodríguez estréase como membro do Consello de Contas expresando a súa "lealdade" ao presidente da Xunta, cuxa xestión lle corresponde fiscalizar. Cóntao El País
O Deportivo comenzará a Liga en Las Palmas e o Lugo, na casa ante o Numancia. O primeiro derbi galego será o 1 de decembro en Riazor.
Bárcenas confirmará ante o xuíz a autoría dos papeis que implican a Rajoy. O ex tesoureiro racha os seus vínculos con Génova e recoñecerá a veracidade dos seus escritos.
O Celta comezará a Liga en Balaídos ante o Espanyol e acabará o campionato en Mestalla contra o Valencia. O calendario completo, aquí.
O PP bloquea o informe sobre o saneamento das rías galegas na Eurocámara ao envialo aos servizos xurídicos para examinar o procedemento, segundo informa a eurodeputada do BNG, Ana Miranda.
O PP remite un comunicado á prensa no que asegura non recoñecer "como contabilidade" os papeis de Bárcenas publicados por El Mundo.