Comeza en Compostela a manifestación de Queremos Galego. Milleiros de persoas malia a forte chuvia que cae na capital galega. #polalinguaquenosune.

Comeza en Compostela a manifestación de Queremos Galego. Milleiros de persoas malia a forte chuvia que cae na capital galega. #polalinguaquenosune.
Dúas novas sentenzas xudiciais sobre preferentes condenan a Novagalicia Banco. Os ditames declaran nulos os contratos asinados "sen entendelos" por un veciño de Fisterra e unha menor de Camariñas e obrigan a devolver os cartos, segundo conta El País.
O Obradoiro volve perder e suma a súa terceira derrota consecutiva. Os de Moncho Fernández caeron no Sar ante o Fuenlabrada (73-79).
O Deportivo cae na casa ante o Valencia (2-3) no tempo engadido e afunde na táboa. O equipo galego remontou o gol inicial do Valencia con dous tantos de Riki, pero perdeu tras xogar case toda a segunda parte con dez por expulsión de Sílvio.
O Lugo remonta e gaña ao Las Palmas (3-1) no Anxo Carro. Óscar Díaz, De Coz e Víctor Díaz marcaron os goles do equipo galego.
O xornalista galego Xabier Fortes entra no consello de informativos de TVE. Foi un dos elixidos polos traballadores do ente público, segundo informa Europa Press.
O Celta empata en Balaídos ante a Real Sociedad (1-1) nun partido no que xogou case toda a segunda metade con dez homes por expulsión de Augusto. Tamén foi expulsado o técnico Paco Herrera. Krohn-Dehli anotou para os vigueses e Elustondo para os vascos.
O BNG buscará "adaptar" a súa liña política "á nova realidade de crise económica e social" na súa vindeira asemblea nacional do 17 de marzo, na que procurará "un proxecto útil para camiñar cara a unha Galiza democrática, soberana e con xustiza social".
Feijóo destaca o "papel imprescindible" do xornalismo para afrontar os retos e involucrar a cidadanía. O presidente da Xunta di que "é máis necesario que nunca" que o periodismo funcione.
Paula Prado dimitirá como concelleira en Santiago. Feijóo deixa "as portas abertas para quen queira marchar" tras anunciar que só os conselleiros que forman parte do comité executivo do PPdeG seguirán como deputados.