O Goberno recortará o número de beneficiarios da prestación de 400 euros para desempregados sen axudas. O Executivo non incrementará a cantidade que destina para esta partida, e a subida até 450 euros para algunhas persoas compensarase coa imposibilidade de que a reciban os mozos con pais con ingresos
Fálase
Médicos do Mundo lanza unha campaña, titulada Dereito a curar, en favor da obxección de conciencia contra a exclusión sanitaria das personas migrantes en situación irregular
Imos construír un maldito museo Tesla! Seguindo esta consigna, os promotores dunha iniciativa de crowdfunding para crear un museo sobre a vida e obra do científico Nikola Tesla, inventor da corrente alterna, están a piques de acadar un millón de dolares en apenas dez días. O obxectivo era chegar aos 850 mil dólares antes do 29 de setembro, e vaise superar con creces. Trátase xa da iniciativa de crowdfunding máis exitosa da historia.
O presidente do governo regional da Madeira, o conservador Alberto João Jardim, desafía o goberno portugués a realizar un referendo sobre a autonomía da illa. Jardim esixe unha delimitación clara das competencias de Madeira, para a que pide unha autonomía total, agás en política exterior, defensa, interior, seguridade social e tribunais de recurso.
O Festival de Cans leva este xoves unha selección de curtas e clips galegos ao Festival de Douarnenez, na Bretaña. A iniciativa forma parte de Cans Itinerante, un circuíto de proxeccións que nas próximos semanas levará as curtas tamén a Ourense, Salvaterra de Miño, Vigo e Lisboa
Dez deportistas galegos participarán, a partir do vindeiro mércores, nos Xogos Paralímpicos de Londres. 5000 metros lisos, baloncesto, boccia, ciclismo, natación, tiro con arco ou tiro olímpico son algunhas das disciplinas nas que participarán. Entre eles está Chano Rodríguez, que xa suma 13 medallas entre as Olimpiadas de Sydney, Atenas e Pekín.
O Partido Socialista, cun programa de esquerda real e unha posición escéptica ante a construción europea e o mantemento do euro, lidera as enquisas das eleccións lexislativas en Holanda do 12 de setembro, que xirarán ao redor da economía e as políticas de austeridade impostas por Alemaña.
O Tribunal Supremo rebaixa a sanción ao militar que atacou a súa dona, provocándolle lesións, ao valorar positivamente a súa participación na guerra de Afganistán e as condecoracións alí conseguidas.
O PP anuncia o despedimento de case 1.200 persoas na radiotelevisión pública valenciana nun ERE que será presentado hoxe. Ao remate da xuntanza que aprobou a medida, un grupo de manifestantes lanzoulles ovos aos conselleiros populares.
O PP afirma que non hai presa para a investigación das caixas. A pesar de que Núñez Feijoo se comprometera a impulsala de inmediato, mesmo no mes de agosto, Antonio Rodríguez Miranda recomendoulle este martes ao PSdeG-PSOE "que agarde".