Obama comparece ante os medios a poucas horas para que se esgote o prazo para evitar o abismo fiscal nos Estados Unidos. Afirma que as negociacións entre demócratas e republicanos avanzan pero que ainda faltan algúns detalles para pechar un acordo. Na súa intervención amósase moi critico coa actitude do Congreso: "preferiria un grande acordo de máximos, pero iso era demasiado para pedirlle a este Congreso".