O Lugo caeu goleado ante Las Palmas nunha mala segunda parte na terceira xornada da Segunda División. En 2ªB, o Celta B colócase líder logo dunha vitoria en Murcia (0-1), mentres que o Coruxo vence na casa (2-1) malia rematar con nove. O Somozas volve vencer no seu campo (3-1), mentres que o Compostela caeu ante o Guijuelo (0-1) e o Racing empatou en Astorga (2-2).
Fálase
Tan só quince concellos galegos rexistran máis nacementos que defuncións. Pontevedra é a única cidade galega con máis natalidade que defuncións.
Unha xuíza pide que se impute a ex fiscal xefe da Coruña por falsidade documental. Tería utilizado para propiciar a expulsión dun subordinado.
De que fala Podemos? Eldiario.es analiza as mensaxes nas redes sociais da formación política, que centra na clase política e nos casos de corrupción as súas ideas.
Os recortes en sanidade abren o camiño ao sector privado e cargan o copago nas familias. O gasto privado subiu en case 2.000 millóns desde 2009.
A manifestación da Diada supera xa os inscritos do ano pasado. A concentración deste 11 de setembro intentará encher as rúas de Barcelona formando unha xigantesca V.
Alfonso Rueda ve "positivo" cambiar a lei electoral antes das municipais e critica o PSOE por non querer negociar a reforma.
Javier Gómez Noya proclámase campión do mundo de ironman unha semana despois de converterse en campión mundial de tríatlon. O galego venceu en Canadá e engade outro título ao seu inigualable palmarés.
Manuel Rivas denuncia a "situación de emerxencia" do galego e advirte da súa "autodestrución" tras recibir o premio 'Celanova, Casa dos Poetas' ante o conselleiro de Cultura. O escritor pide construír "un espazo de simpatía" para a lingua propia.
Beiras insiste nunha "fronte ampla de esquerdas" para as municipais e cualifica de "aberración" unha reforma electoral que cre que sairá adiante. Fíxoo nunhas declaracións na Cadena Ser, na que se amosou convencido de que o PP sacará adiante tamén o recorte de deputados en Galicia.