A OSCE cualifica de "inaceptable" a "violencia" e "intimidación" da policía española contra a prensa na manifestación do pasado sábado en Madrid e expresa a súa preocupación ao respecto a través dun comunicado
Fálase
O PP, que aínda non ten candidato, presenta o seu primeiro vídeo electoral para as europeas, centrado no PSOE e na 'herdanza recibida'
Falecen tres persoas ao bater un mercante e un pesqueiro na ría de Vigo.
O BOE publica hoxe a convocatoria oficial das eleccións europeas do 25 de maio.
Amarante, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e Contramínate celebraron en Coristanco unha xornada informativa e divulgativa sobre a loita contra a megamineria, na que tamen participou a plataforma Oro No de Asturias
O tráfico de mercadorías na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal caeu un 4,3% en 2013. Só dous (Vigo e Leixoes) dos sete portos creceron o pasado ano, fronte aos descensos de A Coruña, Ferrol, Pontevedra-Marín, Vilagarcía e Viana do Castelo
PP e PSOE eluden referirse ao tema ou, directamente, negan as informacións difundidas por El Mundo esta fin de semana en relación coa responsabilidade do rei Juan Carlos no alento do golpe do 23F.
O PSOE nega que exista iniciativa ningunha para formar unha gran coalición co PP, en referencia ás acusacións lanzadas por Cayo Lara, que afirmou que o ex presidente Zapatero estaba promovendo ese pacto.
El Diario relata o caso dunha muller que faleceu nun hospital de Madrid despois de pasar catro días en Urxencias
Hollande designará Manuel Valls primeiro ministro de Francia, despois da forte derrota sufrida polo PS nas eleccións municipais. Jean Marc Ayrult presentou a súa dimisión como xefe de Goberno e será substituido polo popular ministro de Interior