O cadro de persoal de Santos, empresa con preto de 200 traballadores con sede en Boqueixón, chega ao seu décimo día de folga indefinida, apoiada polo 90% dos seus empregados e empregadas. AGE e BNG amosaron o seu apoio ao Comité de Folga, constituído por CUT e CIG.
Fálase
Eduardo Garzón analiza en La Marea as fortes caídas que leva semanas experimentando as bolsas chinesas, nas que importantes empresas perderon máis do 30% do seu valor e máis da metade suspendeu a súa cotización.
A Xunta dálle un prazo dun ano ao Concello da Coruña para pechar o vertedoiro de Nostián onde se depositan os residuos que non poden ser reciclados.
Syriza ofrece subir o IVE en restauración e unha reforma do sistema de pensións, sen mencionar unha reestruturación da débeda
A marea vermella obriga a pechar catro bancos marisqueiros máis: a ría de Viveiro, a de Cedeira, a área de Baldaio e a parte da zona de Ferrol á que aínda non chegara o fitoplancto tóxico. A ría de Arousa é a menos afectada
Corina Porro, presidenta do CES, critica que a Xunta non lle facilite ao organismo datos de cobertura da Risga e de axudas de emerxencia e lamenta que non teña en conta as recomendacións que formula. Recólleo Faro de Vigo
Besteiro amosa "confianza" en que a xuíza De Lara retire a imputación tras a súa declaración do vindeiro día 31. Ante as especulacións sobre o seu futuro o líder socialista asegura que actuará como unha persoa "extraordinariamente responsable"
O PP cambia de logotipo, que mantén as siglas e a silueta da gaivota pero dentro dun círculo. Acompáñao da palabra "populares"
Acordo entre os grupos municipais de Santiago para distribuír as dedicacións e a representación en diversos organismos. O pleno de constitución celebrarase o vindeiro luns. Recólleo El Correo Gallego.
O Parlamento europeo pide estender a toda a UE a liberdade de panorama, aprobando por maioría a proposta elaborada pola deputada do Partido Pirata Julia Reda. A cámara botou abaixo a emenda presentada polo francés Jean-Marie Cavada, que pretendía restrinxir a distribución de imaxes tiradas en espazos públicos.