José Manuel Barros González, ex alcalde do Porriño, faleceu este sábado, aos 74 anos de idade. Foi rexedor da vila entre 1981 e 2003.
Fálase
Un grupo de persoas ataca a embaixada de Arabia Saudí en Teherán, en protesta pola execución dun relixioso xií. Hai 40 detidos. As autoridades iranianas advirten a Arabia de que haberá "consecuencias" pola morte de Nimr al Nimr.
As asembleas territoriais da CUP amosan a división existente na formación, cun non a Mas maioritario en Barcelona e Tarragona, e posicións igualadas en Girona e Lleida, pero rexistrándose un avance xeral do si á investidura. O Consello Político da CUP tomará este domingo unha decisión definitiva.
Marín homenaxeou os veciños que foron fusilados en decembro de 1936. O acto, organizado pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, lembrou a quen defenderon "as liberdades e a clase traballadora", entre eles o alcalde, o presidente da Asociación de Mariñeiros ou o presidente da Asociación de Canteiros. Tamén se recordou as catro persoas que tentaron fuxir en 1937 no vapor Avión.
A Igrexa católica conxela a asignación que lle entrega a Cáritas dos fondos que recibe a través do IRPF. En 2016 serán 6,2 millóns de euros, o 2,5% do total de 248,5 millóns que recibirá da axencia tributaria.
La Voz de Galicia analiza o camiño percorrido pola candidatura da Ribeira Sacra para ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, destacando que o proceso está aínda "moi verde"
O primeiro nacemento de 2016 en Galicia foi o de Aitana, filla dunha parella de Lalín, e tivo lugar no CHUS compostelán a pasada madrugada.
Trece asembleas territoriais da CUP debaten este sábado a súa postura de cara ao Consell Polític que este domingo decidirá finalmente se Mas é investido presidente ou non.
El Diario entrevista a Yolanda Díaz, que sinala que "non ten sentido aupar a Pedro Sánchez se as políticas non van cambiar". Rexeita "refundar" IU ("iso xa o tentamos", di) e chama a constituír unha nova ferramenta "que sirva para a sociedade e a maioría social do século XXI"
Alberto Garzón desmente a información publicada por El País este venres sobre unha posible disolución de Izquierda Unida de cara a constituír unha nova fórmula política.