O primeiro nacemento de 2016 en Galicia foi o de Aitana, filla dunha parella de Lalín, e tivo lugar no CHUS compostelán a pasada madrugada.
Fálase
Trece asembleas territoriais da CUP debaten este sábado a súa postura de cara ao Consell Polític que este domingo decidirá finalmente se Mas é investido presidente ou non.
El Diario entrevista a Yolanda Díaz, que sinala que "non ten sentido aupar a Pedro Sánchez se as políticas non van cambiar". Rexeita "refundar" IU ("iso xa o tentamos", di) e chama a constituír unha nova ferramenta "que sirva para a sociedade e a maioría social do século XXI"
Alberto Garzón desmente a información publicada por El País este venres sobre unha posible disolución de Izquierda Unida de cara a constituír unha nova fórmula política.
A Executiva de Podemos reúnese este sábado e o Consello Cidadán farao o domingo para fixar unha posición definitiva ante un posible pacto co PSOE. Segundo El Mundo, "pesos pesados" socialistas reclaman a destitución inmediata de Pedro Sánchez e a convocatoria de eleccións.
Este venres Praza non se actualizará por descanso da redacción. Volvemos o sábado 2. Feliz Aninovo!
As forzas da oposición critican o discurso de Feijoo. Besteiro (PSdeG) cre que "soa a despedida". Yolanda Díaz (AGE) ve "froito do medo" que Feijóo fale de estabilidade, porque "son conscientes de que xa teñen perdida a Xunta". Para Xavier Vence (BNG), "a panxoliña propagandística de Feijóo é unha burla a todos/as os/as galegos/as a quen as súas políticas lles roubou o presente e ameazan o seu futuro".
Susana Díaz e Javier Fernández, presidentes de Andalucía e Asturias, lanzan nas súas mensaxes de fin de ano advertencias a Pedro Sánchez sobre as liñas vermellas do PSOE ante un posible acordo con Podemos e outras forzas.
Este venres 1 están convocadas varias concentracións en repulsa polo asasinato machista dunha muller en Mos, a sétima vítima mortal da violencia de xénero en Galicia en 2015. Na Coruña ás 20 horas no Obelisco, e en Vigo ás 20 horas diante do MARCO.
Piedras de Papel explica en 12 gráficos como foi este 2015, dende a crise do bipartidismo, a fenda dixital entre os novos e vellos partidos ou a chegada a Europa de refuxiados.