A Executiva de Podemos reúnese este sábado e o Consello Cidadán farao o domingo para fixar unha posición definitiva ante un posible pacto co PSOE. Segundo El Mundo, "pesos pesados" socialistas reclaman a destitución inmediata de Pedro Sánchez e a convocatoria de eleccións.
Fálase
Este venres Praza non se actualizará por descanso da redacción. Volvemos o sábado 2. Feliz Aninovo!
As forzas da oposición critican o discurso de Feijoo. Besteiro (PSdeG) cre que "soa a despedida". Yolanda Díaz (AGE) ve "froito do medo" que Feijóo fale de estabilidade, porque "son conscientes de que xa teñen perdida a Xunta". Para Xavier Vence (BNG), "a panxoliña propagandística de Feijóo é unha burla a todos/as os/as galegos/as a quen as súas políticas lles roubou o presente e ameazan o seu futuro".
Susana Díaz e Javier Fernández, presidentes de Andalucía e Asturias, lanzan nas súas mensaxes de fin de ano advertencias a Pedro Sánchez sobre as liñas vermellas do PSOE ante un posible acordo con Podemos e outras forzas.
Este venres 1 están convocadas varias concentracións en repulsa polo asasinato machista dunha muller en Mos, a sétima vítima mortal da violencia de xénero en Galicia en 2015. Na Coruña ás 20 horas no Obelisco, e en Vigo ás 20 horas diante do MARCO.
Piedras de Papel explica en 12 gráficos como foi este 2015, dende a crise do bipartidismo, a fenda dixital entre os novos e vellos partidos ou a chegada a Europa de refuxiados.
El Español destaca que os ingresos en efectivo da familia Pujol nas súas contas en Andorra se reduciron nun 90% unha vez que o ex presidente da Generalitat abandonou o Goberno catalán. Esta semana o xornal publicou os movementos bancarios completos da familia.
Artur Mas di que o "procès" obriga ao "pacto entre ideas distintas" e advirte á CUP de que "todo o mundo é necesario" na ruta soberanista.
A Deputación da Coruña deixa no aire a axuda para unha exposición de Jove. Retira da orde do día o convenio subscrito entre o goberno local de Negreira quince días antes das municipais. O Concello da Coruña xa paralizara o Museo de Automoción que o empresario planeaba no parque de Bens.
Sete anos de inhabilitación para o concelleiro e ex padexeiro Fredi Bea por arquivar a multa de tráfico dun amigo. A sentenza absolve o edil do delito de tráfico de influencias.