Sete anos de inhabilitación para o concelleiro e ex padexeiro Fredi Bea por arquivar a multa de tráfico dun amigo. A sentenza absolve o edil do delito de tráfico de influencias.
Fálase
Concellos e deputacións sumaron 2.400 empregos durante o ano previo ás eleccións. O Estado reduce en case 500 os seus traballadores en Galicia e xa van 3.000 desde 2010.
As farmacias galegas venderán en xaneiro vacinas de Portugal contra a meninxite B. Autorízase de maneira "excepcional" a súa comercialización pola falta delas.
Susana Díaz aposta por combater "aqueles que intentan dividir España territorialmente". Na súa mensaxe de fin de ano, a presidenta andaluza cre que os españoles "rexeitaron" o 20D as políticas do PP.
A Audiencia Nacional cita como imputado por branqueo de capitais a Jordi Pujol e a súa dona. Declararán o vindeiro 10 de febreiro.
VÍDEO Gandeiros ocupan a sede da Xunta en Lugo, ante a que levaron a cabo unha cazolada. Máis información, hoxe en Praza. Vídeo de Revista Afriga.
Compostela conmemora o trixésimo aniversario da declaración da cidade como Patrimonio da Humanidade cun acto no que interveu o exalcalde Xerardo Estévez, o actual rexedor, Martiño Noriega, e os voceiros municipais do Concello.
El Mundo entrevista a nai de Alan, o menor transexual que se suicidou a pasada semana ante a situación de acoso que sufría. "Acosaron a Alan desde os 14 anos, o seu suicidio é un crime social", di
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, descarta un adianto electoral: "Temos un ano aínda para que remate a lexislatura e imos gobernar así", asegurou, despois de que este martes Pedro Puy deixara aberta esta posibilidade
Nesta táboa que hoxe publica El Diario podes consultar canto che custará retirar cartos nos caixeiros a partir do 1 de xaneiro, en función de cal sexa a túa entidade bancaria.