Nesta táboa que hoxe publica El Diario podes consultar canto che custará retirar cartos nos caixeiros a partir do 1 de xaneiro, en función de cal sexa a túa entidade bancaria.
Fálase
O vento superará os 100 quilómetros por hora durante toda a mañá no litroral de Ferrol, A Coruña, Costa da Morte e a Mariña lucense, con ondas de 5 a 6 metros. Meteogalicia lanzou un nivel laranxa de aviso
A exconselleira Rocío Mosquera é a única muller do comité que organizará os actos do 25 aniversario do Sergas, composto "inicialmente" por 18 membros.
Rajoy pide abertamente a gran coalición e non desbota ministerios para o PSOE e Ciudadanos. Cóntao eldiario.es
O alcalde de Becerreá volve votar co PP na Deputación de Lugo. Desta volta Manuel Martínez, en proceso de expulsión do PSOE, uniuse aos populares para tombar a proposta de reforma do regulamento impulsada polo goberno provincial.
A ofrenda ao Apóstolo Santiago no nome do rei será un dos últimos actos de Pilar Rojo como presidenta do Parlamento. O acto da translatio celébrase na Catedral compostelá, como cada ano. Rojo, deputada no Congreso electa polo PP de Pontevedra, xa exerceu de "delegada rexia" na ofrenda de 2012.
O pleno da Coruña aproba as ordenanzas fiscais do Concello cos votos favorables de Marea Atlántica e PSdeG. O BNG abstívose e o PP votou en contra.
A Xunta vese obrigada a cancelar o seu contrato de valos publicitarios para o ano electoral por unha "infracción non emendable" nas normas de presentación de ofertas. A Secretaría Xeral de Medios ten a opción de reiniciar o proceso, ao que destinaba ata 300.000 euros.
A tractorada de Lugo continuará alén da fin de ano, segundo acordaron este luns os gandeiros que seguen a arrodear a Muralla lucense. Cóntao El Progreso
A dirección do PSOE dáse por vencedora ante os dirixentes territoriais que manobran para relevar a Sánchez.